Gelucho non continuará como adestrador do novo proxecto do Arenteiro na terceira división
Punto e final á etapa de Gelucho como técnico de Club Deportivo Arenteiro, a nova xunta directiva presidida por Argimiro Marnotes toma a súa primeira decisión relevante e decide comezar este novo proxecto cun novo adestrador, que responderá ao perfil dun técnico que teña dedicación profesional plena a CD Arenteiro.
O Club comunicou a Rogelio Gómez Fernández “Gelucho” que a nova Xunta Directiva decide comezar esta nova etapa cun novo proxecto deportivo no que busca un perfil de adestrador con dedicación plena ao club, unha condición coa que non pode cumplir Gelucho, xa que dende que asumíu o cargo de adestrador do equipo de terceira división viña compatibilizando a súa actividade profesional coa de adestrador do equipo de terceira división.
O Club agradece ao técnico o seu traballo nestas dúas últimas tempadas, nas que o equipo consolidouse na terceira división. Gelucho chegou a CD Arenteiro en Novembro de 2018, logrando o obxetivo de manter ao equipo en terceira división, rematando a tempada clasificado no posto nº 13. Continuou a súa labor na tempada 2019-2020, cancelada pola pandemia do coronavirus no pasado mes de marzo, cando o equipo figuraba na posición nº 12 da clasificación.
O Club traballa xa na contratación dun novo adestrador, e dacorde ao perfil que se busca para este novo proxecto, que teña dedicación profesional plena a Club Deportivo Arenteiro, non so dirixindo o primeiro equipo da entidade senón tamén toda a estructura deportiva da entidade.