Gloria Bernárdez -socia- e Marcos Otero -xerente- analizan a encrucillada na que se atopa a Cooperativa de Stª Mariña de Loureiro, que este domingo decide o seu futuro.
Os socios da Cooperativa Láctea de Santa Mariña de Loureiro deciden en asemblea este próximo domingo o seu futuro, coa amenaza dun peche que siñificaría o final a case 60 anos deste proxecto que impulsara o párroco Antonio Bernárdez.
Aínda que hai esperanza, a continuidade da marca que elabora productos de tanto prestixio como o kéfir ou o requeixo, podería pasar por unha oportunidade ofrecida por unha gandeira da veciña comarca do Deza, disposta a investir nesta cooperativa. A decisión terána os 47 socios, ningún deles xa en activo, que ten a cooperativa.
Nesta entrevista en COPE O Carballiño, a cooperativista Gloria Bernández e o xerente Marcos Otero, explican as claves da situación actúal en Santa Mariña de Loureiro.