Golpe sobre a mesa do Arenteiro que vence ao Alondras en Cangas
Era un partido no que se xogaban algo máis de 3 puntos, xa que se enfrontaba o primeiro -Arenteiro- co terceiro -Alondras- cunha diferencia de 6 puntos na clasificación, de gañar o Alondrás quedaría a 3 e un partido menos, agora a distancia pasa a ser de 9 puntos a favor do Arenteiro máis o golaverage.
Por eso foi un golpe sobre a mesa do Arenteiro, e pecha con nota unha semana moi esixente de tres partidos ante Estradende, Arousa e Alondras, cun balance final de dúas victorias e un empate.
E por diante, seis partidos -incluído o adiado co Ourense CF- para rematar a primeira fase do campionato de liga na terceira división. No partido xogado esta tarde no campo do Morrazo o Arenteiro deixouno pronto encarrilado, xa que aos 8 minutos Victor Eimil pisou área local e aproveitou un pase de Naveira para marcar o 0-1, aos 16 minutos chegaría o segundo gol dos verdes, obra de Sylla ao cazar na área pequena un balón que lle servíu de cabeza Joni. E asi ao descanso.
Na segunda parte o Arenteiro defendeu ban o resultado sen pasar por apuros, deixando pasar os minutos, xa no tempo de tempo de desconto -minuto 93- o Alondras aproveitou o único fallo defensivo do Arenteiro para marcar o seu gol. Pero xa sen tempo para máis que ver como os 3 puntos eran para o equipo carballiñés, tras o 1-2 que sinalaba o marcador final no campo do Morrazo.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...