A gran pulpada mundial abarrota O Carballiño con participación récord, que o concello eleva ás 125.000 persoas
A Festa do Pulpo non parece que teña teito de participación, polo menos de momento, e nesta edición de 2017 todo parece indicar que volveu superar a afluencia de anos anteriores. Según ás cifras oficias facilitadas dende a organización, o concello do Carballiño eleva a asistencia ás 125.000 persoas.
Oitenta caldeiras de polbo repartidas entre o casco urbano e o parque municipal cubriron a demanda de carballiñeses e visitantes nunha xornada neste segundo domingo de agosto no que O Carballiño multiplica por seis a súa poboación habitual.
A maiores do pulpo que se coce nas caldeiras dos pulpeiros e pulpeiras de Arcos, hai que sumar o que se sirve nos restaurantes e pulperías do Carballiño, e por suposto, o que se come en familia nos domicilios, na maioria comprado previamente nas cámaras frigoríficas da localidade.
Resulta complicado calcular a cantidade de pulpo que esta fin de semana pode consumirse no Carballiño. Non obstante, os profesionais do sector consultados por esta emisora de radio cifran o consumo nunhas corenta toneladas de pulpo, o que equivale a unas 100.000 racións de pulpo á feira, degustadas en prato de madeira ó xeito tradicional. Un auténtico récord mundial.
Aínda que festa do pulpo foi facéndose cada ano un chisco máis urbana, é no parque municipal onde conserva a súa identidade e ambiente máis xenuíno, de auténtica romaría galega.
O parque transformouse un ano máis nun gran comedor ao aire libre, con numerosas tabernas ambulantes que á hora do xantar están rexistraron un cheo total, igual que no recinto do concello, onde degustaron o menú da festa unhas 1.200 persoas ao prezo de 30 euros. O abarrote tamén foi total nos restaurantes do Carballiño, e tamén fixo pleno a ocupación hoteleira nos útlimos dias.
Charangas, gaiteros e grupos folclóricos animan a xornada festiva, que está acompañada dunhas boas condicións meteorolóxicas para un dia de festa á sombra das árbores do parque carballiñés, con temperaturas algo calurosas durante a xornada, na que se alcanzaron os 35 graos.
Recibimento ao Centro Galego de Nuremberg
Esta 55 edición da festa do Pulpo foi dedicada ao Centro Galego de Nuremberg, en Alemania, representado por varios dos seus directivos, entre eles o presidente Gerardo Arias.
O alcalde Fumega e concelleiros e concelleiras da corporación municipal carballiñesa déronlles a benvida á entrada do parque, neste mesmo acto a Xunta de Galicia estivo representada ao seu máximo nivel, polo presidente Alberto Núñez Feijóo.