Hoxe no Irixo e o vindeiro dia 29 no Carballiño : manifestacións contra a incineradora.

7, Xaneiro 2012

A Plataforma Incineradora Non deu a coñecer hoxe a convocatoria dunha gran manifestación a celebrar o vindeiro dia 29 deste mes de xaneiro, domingo, ás 12,30 horas no Carballiño.

O Portavoz da Plataforma, Adolfo Nogueira, aproveitou a comparecencia do anuncio desta convocatoria de manifestación para facer unha valoración moi positiva do acordo adoptado por unanimidade no pleno da Corporación do Carballiño para opoñerse a instalación da incineradora "gracias á presión social, ao traballo da plataforma e tamén ao traballo tanto de PSOE como de BNG polas súas mocións, conseguindo que se correxise ese erro inicial que se cometera no Concello do Carballiño, e darlle asi un gran empuxón a esta causa que nos move a todos, que é parar a construcción da incineradora".

Nogueira congratulouse do que considera é un cámbeo de actitude do Partido Popular e do Alcalde do Carballiño, e amosou a súa satisfacción por "conseguir que o tema volva a tratarse na Deputación", onde fai unhas semanas o Partido Popular rexeitou unha proposta dos socialistas para posicionarse en contra da incineradora.

CHARLAS INFORMATIVAS

Desde a Federación de Asociacións de Veciños do Concello do Carballiño, o seu Portavoz, Eulogio Alonso,  anunciou a celebración de actos informatvos da Plataforma. O dia 11 ás 7 da tarde no local social da Laborada e ás 8 da tarde no local social de Pol. O dia 12 en Seoane e o dia 13 en Veiga, nos respectivos locais sociais, ás 8 da tarde.