Iago Fariñas anuncia en COPE O Carballiño a súa renuncia como concelleiro do Irixo tras duras criticas á alcaldesa Susana Iglesias.

6, Novembro 2024

A crise política que vive o goberno municipal do Irixo tivo hoxe no programa local de COPE O Carballiño un novo e trascendental episodio, ao anunciar Iago Fariñas -o portavoz do grupo socialista e primeiro tenente alcalde- a súa renuncia á acta de concelleiro, que fará efectiva esta mesma tarde a través da sede electrónica do concello do Irixo.

Iago Fariñas levaba 10 anos exercendo como concelleiro socialista na corporación municipal deste concello, o pasado ano 2023 asinou xunto a outra concelleira socialista e os tres representantes do grupo Xuntos Polo Irixo unha moción de censura que desaloxou da alcaldía a Manuel Cerdeira "Lito", do PP, que fora o máis votado nas últimas eleccións municiapais, saindo elexida como nova alcaldesa Susana Iglesias, do grupo de Xuntos polo Irixo.

Ao pouco tempo comezaron os enfrontamentos no propio grupo de Xuntos, no que Juan Manuel Villanueva desmarcouse da alcaldesa, á que deixou en minoria en varias votacións no pleno municipal, mesmo retirandolle o soldo e competencias delegadas por parte da corporación, a instancias do Partido Popular.

A alcaldesa acusou ao portavoz socialista -e socio de goberno- de terlle feito unha chantaxe, e foi esta acusación o detonante do distanciamento total entre alcaldesa e grupo socialista, tras unha tensa relación de varios meses.

Escoita aquí a entrevista íntegra a Iago Fariñas en COPE O Carballiño: