Iago Fariñas insta ao concello do Irixo a crear un servizo de asesoramento sobre a regularización catastral no municipio
O Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, ven de presentar unha MOCIÓN SOBRE O PROCESO DE REVISIÓN DOS VALORES CATASTRAIS COÑECIDO COMO "CATASTRAZO", MELLORA DA ORDENANZA FISCAL E ASESORAMENTO Á VECIÑANZA DE O IRIXO, en base á seguinte exposición de moitivos:
PRIMEIRO.- Que o grupo de goberno xa sabe dende o ano 2016, e non informou ate fai uns días, da regularización catastral que por “Resolución de 20 de diciembre de 2016, de la Dirección General del Catastro, por la que se determinan municipios y período de aplicación del procedimiento de regularización catastral.” Que foi Publicado no BOE núm. 315, de 30 de decembro de 2016 no que se informa do procedemento de regularización catastral de aplicación no concello do Irixo, tendo previsto o seu fin o 1 de xullo de 2018.
SEGUNDO.- Que é de lamentar que dende o goberno municipal non se teña informado axeitadamente e con tempo á veciñanza sobre O PROCESO DE REVISIÓN DOS VALORES CATASTRAIS COÑECIDO COMO "CATASTRAZO" que se está a producir no noso concello limitándose a informar escuetamente cun Bando con data 31 de xaneiro de 2018, no que non explica os custes que esto suporá para a veciñanaza.
TERCEIRO.- Que fala o Sr. Alcalde no seu Bando que a “regularización catastral ... está dirixida a loitar contra a fraude fiscal, cuio obxeto é incorporar ó catastro aquelas vivendas que non estaban inscritas no mesmo e que por tanto non cumprían a obriga de pagar o imposto correspondente ou ben aquelas que estando inscritas sufriron algunha variación dende a súa inscrición inicial...”. Que non informa o Sr. Alcalde da repercusión económica e custe que esto vai ter para a veciñanza; e tampouco que non se van regularizar so as vivendas senón todas as edificacións indistintamente de que sexan vivendas ou non.
CUARTO.- O procedemento de regularización catastral incorpora ó Catastro Inmobiliario a totalidade dos bens inmobles urbanos e rústicos con construcción, así como as alteracións das suas características.
QUINTO.- Que a regularización da descripción dos bens inmobles está suxeita á tasa de regularización catastral, cunha cuantía de 60 euros por cada un dos inmobles obxeto de regularización.
SEXTO.- Que ademais haberá que aboar os atrasos dos últimos 4 anos, pago do que quedan exentas as instalacións agrarias, polo que é fundamental no proceso de regularización catastral prestarlle especial atención ós usos que atribue o Catastro ós inmobles, de cara a presentar as correspondentes alegacións.
SÉTIMO.- Que ademais de todo o anterior debemos chamar unha vez máis a atención do estado de moitos pobos e lugares do noso concello, donde uns 30 pobos ou lugares carecen de servizo de saneamento, algún non ten acceso pavimentado ou auga corrente e algún outro carece de alumeado público, etc..., entendemos que a veciñanza e propietarios destes lugares residen en moito peores condicións que o resto e por iso comprendemos que namentres non se presten a toda a veciñanza os mesmos servicios, se debe aprobar a modulación/modificación da ordenanza fiscal para que a veciñanza que na actualidade ten menos servizos (falta de saneamento, auga, alumeado, acceso pavimentado, etc.,) nos seus pobos, se vexan compensados fiscalmente por estes desagravios.
Que dito todo o anterior, para protexer os intereses da veciñanza, no proceso de revisión dos valores catastrais coñecido como catastrazo, acadar unha ordenanza fiscal máis xusta entre tódolos veciños e veciñas do concello, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:
1º.- Que o Concello de O Irixo poña a disposición da veciñanza un servizo de asesoramento con respecto á regularización catastral que está a sufrir o municipio.
2.- Que o Pleno do Concello de O Irixo aprobe a modulación/modificación da ordenanza fiscal para que a veciñanza que na actualidade ten menos servizos como a falta de saneamento, auga, alumeado, acceso pavimentado, etc., nos seus pobos, se vexan compensados fiscalmente por estes desagravios.
3º.- Que se informe puntualmente e/ou consensúe a modulación/modificación da ordenanza fiscal con tódolos grupos da corporación para entre todos acadar a mellor ordenanza fiscal para a nosa veciñanza e garantir así o éxito da iniciativa.