A iluminación artística do nadal chega este ano a todas as parroquias do municipio
O Concello invstirá 6.500 euros nos gastos da iluminación artística do nadal que "por vez primeira chegará ás 15 parroquias do rural, ademáis das rúas da vila", salientou o concelleiro de cultura do Carballiño.
Rodrigo González explicaba nesta emisora de radio que "será o concello quen asuma este gasto na súa totalidade, fixemos unha invitación aos hosteleiros e comerciantes para que colaboraran, pero entendemos que os tempos non son os mellores". O concelleiro entende que malia o recorte económico para as actividades do nadal "facemos un esforzo para que a ambientación chegue a todas a parroquias, e incluso haberá algunhas outras novidades na Praza Maior e na rotonda da casa Azul".
O arranque da iluminación faráse o venres 14 de decembro ás 7 da tarde, antes, as 6 da tarde celebraráse unha festa infantil na Praza Maior que servirá para iniciar a programación de nadal do concello do Carballiño, que se prolongará atá a festividade de reis.