Imputado na Pokémon o Alcalde do Carballiño
Marnotes súmase á nómina de Alcaldes imputados na operación Pokémon. A súa implicación tería que ver co procedemento da paralización da ORA no Carballiño á empresa VENDEX.
O rexedor municipal recibíu esta maná unha noticificación para comparecer ante a xuiza de Lugo o dia 8 de marzo como imputado por un presunto delito de "tráfico de influencias e revelación de secretos". Marnotes negociara coa empresa VENDEX a paralización do proceso de implantación da ORA, que se puxera en marcha por parte do anterior goberno municipal socialista do Carballiño. Non obstante, Marnotes recoñeceu que no ano 2006 mantivo relación profesional con VENDEX e posteriormente a empresa executou traballos de xardineiría na vivenda do alcalde na localidade de Arcos, según manifestou o propio rexedor.
O alcalde compareceu esta mañá ante os medios acompañado do grupo de concelleiros e concelleiras do Partido Popular. Marnotes manifestou estar "alucinado e máis cabreado que preocupado", asegurou que no ano 2006 realizara traballos na súa condición de arquitécto técnico a VENDEX consistente na dirección de obra na construcción dunha nave e un local e que despois encargou a esta empresa traballos de xardineiría para a súa vivenda en Arcos "cando ún fai unha casa a ún gustalle dar traballo a quen nun momento dado tamén cho deron a tí", suliñou Argimiro Marnotes.
O alcalde carballiñés remarcou que "a única relación na vida pública con esta empresa é o compromiso que tiven para non implantar a ORA e non me equivoquei porque eso foi o que querían os veciños do Carballiño".
Marnotes comunicou a súa imputación aos portavoces dos dous grupos da oposición e manifestou que en ningún momento lle pasou pola cabeza a posible demisión como alcalde "porque non teño nada polo que demitir", enfatizou.