Ingresa en prisión, tras prestar declaración no Xulgado, o detido pola Garda Civil polo incendio en San Bartolomeu da Freixa
![](https://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/san_bartolomeu.jpg?itok=P7NQ1rvi)
En San Bartolomeu da Freixa, un lugar da parroquia de Cameixa (Boborás) que fai unhas décadas atrás quedou deshabitado, viven na actualidade de forma permanente dúas persoas.
Unha é a muller á que ardeu a súa casa nun incendio rexistrado a última hora da tarde deste pasado venres, o outro veciño que reside na localidades é un home, de 66 anos de idade, que foi detido pola Garda Civil como presunto autor de provocar o lume que destruíu por completo unha casa en ausencia da súa propietaria e polo tanto sen causar danos personais, e afectou tamén a outros dous inmobles.
Tras prestar declaración este sábado no Xulgado de Garda do Carballiño, a titular do mesmo ordenou o ingreso provisional en prisión deste home.