A iniciativa privada promove a apertura dun centro de dia, que contará con 65 prazas
O Carballiño contará en pouco tempo cun centro de dia para a atención de persoas maiores, un proxecto que promove a empresa Gesmedical, recentemente adxudicataria do servizo de axuda a domicilio do concello carballiñés.
As instalacións ocuparán unha superficie de 1.500 metros cadrados, nos baixos dun edificio sito na rúa de Ourense, fronte á gasolineira Piteira.
A empresa ten moi avanzado o proxecto para a apertura deste centro de dia no Carballiño, que terá inicialmente 65 prazas dispoñibles para a atención das persoas usuarias, fundamentalmene, persoas maiores.
Dase a circustancia que, no último pleno celebrado pola corporación carballiñesa aprobouse por unanimidade dos grupos políticos unha moción do goberno municipal para instar á Xunta á construcción dun centro de dia no Carballiño de xestión pública, que no caso de concretarse, sumaríase a este outro promovido pola iniciativa privada.