Instálanse novas marquesiñas nas localidades de Partovia, Godás do Rio e Costoia

9, Xuño 2020

A localidade de Partovia xa conta cunha nova marquesiña, que se instalou na praza da fonte, no centro do pobo, ao pé da estrada OU 208.

Dita instalación "ven a cubrir a necesidade dun servizo que se viña solicitando por parte dos veciños dende hai tempo, pois os escolares e os propios veciños debían agardar polo transporte á intemperie", subliñan dende o concello.

Aclaran, ademáis que trátase "dunha colaboración entre a concellería de Medio Rural, que coordina Rosa Fuentes, e a Xunta de Galicia, e que suporá a instalación doutras dúas marquesiñas, unha en Godás do Río, na N 541, e outra en Costoia, ao pé da estrada OU 401 O Reino-O Carballiño".

Esta iniciativa -remarcan dende o concello- forma parte do plan de mellora de servizos nas aldeas e parroquias por parte da área municipal de Medio Rural.