A Insua dos Poetas acolle unha nova edición da Festa da Palabra, que homenaxea este ano ao poeta Antón Tovar
O poeta ourensán Antón Tovar Bobillo, nado na Pereira, en Rairíz de Veigo no ano 1921 e falecido en Ourense en xuño do ano 2014, será o persoeiro homenaxeado na XI Festa da Palabra, que se celebrará o sábado 20 de xullo, ás 12,00 h., na Ínsua dos Poetas, na Esgueva, dentro da carballiñesa parroquia de Madarnás.
O acto contará coa actuación musical de “2naFronteira”, formación integrada por Carmen Penín (Voz) e Maurizio Polsinelli (piano), e a colaboración do contrabaixista Javier Rabanal.
Os Premios Insua dos Poetas, nas súas sete modalidades; Literatura, Artes Plásticas, Medio Ambiente, Acción Social, Emigración, Compromiso Empresarial e Fomento da Lingua Galega nos Medios de Comunicación serán fallados o venres 19 de xullo polo Padroado da Fundación Insua dos Poetas.
O galardón será, como en ediciones anteriores, unha peza escultórica orixinal de Acisclo Manzano