A Insua dos poetas celebra o dia do libro, con música, literatura e degustación dos productos da "Marca O Irixo"
A Insua dos Poetas acolleu na tarde deste sábado dia 23 de abril a celebración do día do libro, unha tarde na houbo agasallo de libros, a música en vivo de Xisco Feijóo e o seu grupo, e ata unha degustación de productos da marca gastronómica "O Irixo".
Ademáis, o acto foi unha homenaxe ao escritor e investigador literario Arcadio López-Casanova, recentemente falecido. No encontro estiveron, entre outros, o vicepresidente da Deputacón César Fernández, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar.