A Insua dos Poetas incorpora ao seu patrimonio unha vidreira artística de Antón Pulido, inspirado na obra do poeta Arcadio López-Casanova.
A Insua dos Poetas, o parque cultural sito na Esgueva, na carballiñesa parroquia de Madarnás e que xestiona a Fundación Insúa dos Poetas que preside Luis González Tosar ven de incorporar ao seu patrimonio a vidreira artística de Antón Pulido, "Kermesse para Arcadio".
Trátase dun gran vitral a toda cor ( 4, 80 x 2,78m) inspirado na obra do poeta Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942- Valencia, 2022).
Perpetuará a memoria do autor de Mesteres. Pódese visitar xa, todos os días, na Insua dos Poetas, xunto con outras 25 esculturas dedicadas a escritores da Literatura galega. A entrada é libre.