A interventora do Concello defende o traballo do seu departamento no expediente das facturas e lamenta as críticas dos portavoces políticos
(Redacción. Belén González) A interventora do Concello de Carballiño,María Fé González, mostra a súa discorformidade antes unhas declaracións verquidas polo líder dos populares, Argimiro Marnotes, na "Mañá de Cope O Carballiño". Segundo ela,as declaracións dos integrantes políticos da corporación municipal cuestionan o traballo realizado polo departamento de Intervención do que é responsable en relación ó Pleno Extraordinario celebrado o pasado 4 de agosto -pleno no que se procedeu á corrección de erros nas facturas do concello-. No comunicado, a interventora recoñece o erro que existía na duplicidade de tres facturas e a non coincidencia de cifras noutras tres do total das 700 facturas pendentes que contiñan un importe de 1.160.583,05 euros. Así mesmo tamén informa que foi o Departamento de Intervención o que se deu conta de que os datos non coincidían; estes fallos foron detectados polo Axuliar Administrativo da Intervención e seguidamente a interventora informou tanto ó alcalde, Carlos Montes, como á Tesoureira Municipal para que non se produciran pagos duplicados ou por importes erróneos. A interventora afirma que ó día seguinte de suceder todo, ela foise de vacacións e que se enterou despois de que tivera lugar un pleno para correxir os erros ademáis das declaracións dos partidos políticos. Ante tal situación,a interventora aclara que "o expediente de erros estivo en mans do grupo de goberno e dos grupos da oposición antes da celebración do pleno e, nin antes nin despois, o detectaron e que probablemente nunca chegarían a ter coñecemento do mesmo se o Departamento de Intervención non o houbese detectado e posto en coñecemento do Alcalde e da Tesoureira". A interventora non considera xusto cuestionar o traballo do seu departamento tal e como o fixo o portavoz do PP. Con referencia ás declaracións feitas polo portavoz do PP na "Mañá de Cope O Carballiño", María Fé González aclara que o erro non foi detectado pola tesoureira senón que foi o Departamento de Intervención, do que ela é responsable, o que se deu conta disto. Por último, a interventora di que "non entende a actitude de ataque a determinados funcionarios que, neste concello, lévase a cabo polos representantes políticos. Parece que no lugar de facer oposición contra o grupo de goberno faise oposición contra determinados funcionarios mentres se trata de favorecer ós outros".