José Luis Moure será nomeado fillo adoptivo do Carballiño. Fillo dun emigrante de Banga é o presidente da Academia Arxentina das Letras

22, Xullo 2015

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega anunciou a intención de iniciar os trámites para nomear ao presidente da academia das letras Argentina fillo adoptivo do Carballiño, e o facía no acto de ben vida a este persoeiro , José Luis Moure, fillo dun emigrante veciño da carballiñesa parroquia de Banga.

Así o lembraba Francisco Fumega no seu discurso de ben vida, sen esquecer a pegada que tiveron eses miles de galegos que foron polo mnundo adiante, levando consigo a lingua da súa terra nai.

Pola súa banda José Luis Moure agradeceu o recibimento no concello carballiñés, asegurando que nesta viaxe á patria do seu proxenitor, estaba "mirando todo cos ollos do seu pai, e lembrando todo canto il lle contaba de Galicia, de O Carballiño e de Banga". Moure, que chegou acompañado pola súa dona e o escrito Luis Tosar, foi tamén recibido por parte da súa familia que ainda vivie no carballiño, e maís en concreto na zona de Banga e Cabanelas.

Foi Luis Tosar quen destacou a figura de Moure, como un home que non so defende e protexe a lingua castelan na Arxentina, "senón que tamén defende a sua lingua nai, o galego, nesa terra de alen dos mares".

No recibimento a José Luis Moure estiveron tamén o edil de Cultura, Diego Fernández, así como os edis da oposición Bernardo García e Pilar Caride. O alcalde, e tras asinar o convidado no libro de honra do concello, entregoulle uns agasallos, un libro do arquivo municipal, outros sobre o termalismo en Ourenese e un disco da banda de música do Carballiño. Ao recibir este CD Moure lembrou que o seu pais fora tamen membro da banda de música do Carballiño. Tamén se lle fixo entrega dunha metopa co escudo da vila do Arenteiro..