Juan Manuel Casares continúa como presidente do consello regulador da denominación de orixe Ribeiro para un novo mandato

7, Marzo 2023

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu hoxe a constitución do novo pleno do consello regulador da denominación de orixe (DO) Ribeiro, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.

Así, este novo pleno quedou conformado por 3 vogalías, sometidas a eleccións, correspondentes a Unións Agrarias e á Asociación Agraria de Galicia; 2 para a Asociación Agraria de Galicia; outra vogalía para Candidatura Independente de Bodegas; 3 para a Cooperativa Viña Costeira e unha vogalía restante para a Asociación Galega de Vitivinicultura Artesanal. Estas 7 últimas vogalías foron por candidatura única. Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron, por unanimidade, que a presidencia do consello regulador a asuma Juan Manuel Casares Gándara e a vicepresidencia sexa para Concepción Iglesias Pousa. Ambos repiten no cargo.