Keltia O Musical e Mikel Erentzun, na conta atrás para a Festa do Pulpo
Continúa a conta atrás para chegar á 56 Festa do Pulpo deste próximo domingo dia 12 de Agosto, e facémolo con dous espectáculos musicais que terán como escenario a Praza Maior do Carballiño.
Este xoves dia 9 ás 11 da noite, con Andrea Pousa e o Bruxo Queiman, comandando Keltia O Musical, e o venres deia 10 á medianoite co concerto que ofrecerá Mikel Erentzun. Para o sábado quederá a música tradicional de Feitiche de Pau e a Festa das Camisetas das Peñas da Festa do Pulpo.
KELTIA O MUSICAL, conta a historia do nacemento da Cultura Atlántica en terras galegas, cando Europa aínda estaba sobre unha capa de xeo e a vida humana só era permisible en terras de Keltia/Galicia.
Ante o desxeo dos mares, os descendentes de Breogán parten cara a terras do norte e colonizan os 6 países celtas, dando orixe á primeira civilización de Europa, os celtas.
As 3 deusas irlandesas, Eire, Fotla e Banba, que axudarán aos netos de Breogán á Conquista de Irlanda, viaxan a Keltia/Galicia e a beleza paisagística, cultural, gastronómica, fai que se acaben namorando duns Príncipes Celtas. Pero, o amor non virá só, acompáñano malos agoiros, invasións romanas, batallas…todo isto e máis co que os protagonistas desta Historia terán que aprender a vivir, loitar e soñar…
Todo isto transmitindo a espiritualidade do celta co romano e o seu contacto coa natureza, a súa tradición; a súa esencia. A historia contada a través de mitos e lendas que chegan ata os nosos días, que unidas co cristián forman parte da cultura dos pobos do Atlántico.
Obxectivos do Espectáculo:
Transmitir a historia da nosa cultura atlántica, os castros, os celtas e a cultura romana, dos pobos atlánticos.
Rescatar a esencia e sabedoría dunhas culturas esquecidas e ocultas no tempo, o seu contacto coa natureza, os seus símbolos sacros, as súas lendas e tradicións.
Proporcionar ao público un espectáculo dinámico, positivo, ameno, visual, interactivo, pleno de sentimento e enerxía.
Hermanar nosa cultura atlántica co resto das culturas do mundo, a través da música, o canto, a danza e a declamación.
Elenco artístico:
PRÍNCIPE CELTA BRANDAL: Bruxo Queiman.
DEUSA EIRE: Andrea Pousa.
DEUSA BANBA: Cristina Neto.
DEUSA FOTLA: Rosana Fernández.
GUERREIRO CELTA EVER: Andrés Lorenzo.
GUERREIRO CELTA EREMON: Miguel Lorenzo.
DRUÍDA: Sergio Gramary.
CELTA PERCUSIONISTA: Suso Feisón.
CELTA PIANISTA: Miro Míllara.
CELTA TECLISTA/EFECTOS: Carlos Mariño.
CELTA #BAIXISTA/ GUITARRISTA: Javier Fernández.
CELTA VIOLINISTA: María Jorge.
CELTA BOUZUKI: Samuel Soto.
CELTA FLAUTISTA/ GAITEIRO/ BAILARÍN: Andrés Lorenzo.
CELTA FLAUTISTA/ GAITEIRO: Abraham Fernández.
GUERREIRO DE LUZ: Joao Alvim
POBOADO CELTA: Banda de gaitas “Vos Coribantes” (Baile tradicional e gaitas).
ROMANOS: Garda Pretoriana de Lugo