"Kirschen" en comercio e "Casa Pituxo" en hostalaría, primeiros premios no concurso de decoración de nadal
O concello do Carballiño deu a coñecer o fallo do xurado do concurso de decoración navideña no comercio e a hostalaría locais, destacando dende a concellería de cultura tanto o incremento de participantes como o alto nivel artistico alcanzado este ano, contribuíndo desta maneira á ambientación navideña no Carballiño.
Na categoria de comercio, o primeiro premio foi para "Kirschen", que se leva 200 euros; o segundo premio para "Centro do Calzado", dotado de 150 euros, e o terceiro premio -100 euros- para o Estanco nº 5.
No apartado da hostalaría, un dos establecementos máis antigos que continúa en activo, o "Hostal Casa Pituxo" é o gañador do primeiro premio, 200 euros. O segundo premio foi para "Roraima Cafetería", 150 euros, e finalmente, o terceiro premio na categoria da hostalaría para "Café Bar Castor", de Mesego, que recibe 100 euros.