"A leira de millo" dos Parrandas do Irixo e o "carrusel" dos Arrieiriños de Dacón, primeiros premios no desfile do entroido do Carballiño, seguido por numeroso público.
A agrupación "Os Parrandas" levouse para O Irixo o primeiro premio do concurso de comparsas do martes de entroido no Carballiño, dotado con 1300 euros, o xurado tivo en conta a orixinalidade e traballo artesanal dos traxes e a carroza "a leira de millo", integrada por veciños e veciñas relacionados ou residentes no concello do Irixo. Ademáis, esta mesma agrupción tamén gañou o premio especial concedido por votación das propias comparsas, polo que sumaron outros 300 euros.
O segundo premio, dotado con 1.000 euros foi para a comparsa dos Arrieriños de Dacón e o seu "carrusel", terceiro recoñecemento que consiguen neste entroido 2024, xa que o pasado sábado triunfaron no carnaval de Chantada e o pasado domingo conseguiron o segundo premio no desfile do entroido de Ourense.
O resto dos premios deste concurso de comparsas do martes de entroido no Carballiño foron os seguintes:
3⁰ Premio (800€ : Asoc. Entroula. "Natureza Máxica".
4⁰ Premio (400€): Asoc. Os Azucarados de Maside.
5⁰ Premio (350€): Asoc. Amigos de Partovia. "Noite de estrelas".
6⁰ Premio (300€): Asoc. Lumareda. "Noites de cabaret".
7⁰ Premio (250€): Asoc. Cultural e carnavalesca Os Nevadiños. "O Imperio dos Amarenses".
8⁰ Premio (200€): O mundo de fantasía de Aspadisi.
Accésits a(120€): Os Vikingos da Costa e Asoc. Medrando Amoeiro.
O desfile, que abriron fora de concurso os históricos Liborianos e pechou -tamén fora de concurso- a comparsa-espectáculo Os 100 Tolos, foi seguido por numeroso público, abarrotando as rúas máis centricas do Carballiño.