Leiro, a un paso de retroceder ao nivel 2. Boborás baixa a 13 contaxios activos, O Carballiño mantén 8 e Maside 1.

6, Marzo 2021

O dato máis preocupante desta xornada de sábado é para o concello de Leiro, que rexistra 6 contaxios activos e unha incidencia acumulada aos últimos 7 dias por riba dos 250 casos por 100.000 habitantes, mentres que se mantén lixeiramente por debaixo da barreira dos 500 casos por 100.000 habitantes na incidencia acumulada a 14 dias. Unha situación que sitúa a Leiro a un paso de retroceder ao nivel 2 de restricións na proxima revisión do comité clínico.

No resto dos concellos non temos variacións, O Carballiño manténse con 8 contaxios activos, e Maside con 1. O resto de municipios continúan libres de virus, sen contaxios activos.