A localidade italiana de Noventa Padovana e O Carballiño, unidas polo pulpo e irmandadas, establecerán relacións comerciais e culturais

7, Agosto 2024

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o seu homónimo da Comune de Noventa Padovana, Marcello Bano, firmaron esta mañá o convenio para oficializar o irmandamento de ambas localidades, ás que une o pulpo.

Ao acto tamén asistiu o consigliere de Noventa Padova, David Iafelice; o tenente de alcalde, José Castro; os concelleiros Francisco Fraga, Rosa Fuentes, Sofía García, Alberto Otero e Lorena Castro; a vereadora de Turismo de Alijó, a localidade portuguesa tamén irmandada co concello, Sónia Andrea Rodrigues Peereira Pires; a secretaria da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, María del Mar Lage, e o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Carlos Rodríguez, moitos deles en condición de integrantes da Comisión de Irmandameto.

A través da firma deste convenio propóñense establecer relacións fraternas e de cooperación nos ámbitos da gastronomía, enoloxía, turismo, comercio, cultura, deporte, educación e mocidade. Ambas partes desenvolverán as seguintes accións de relevancia internacional:
-Fomentar o intercambio de iniciativas dirixidas a promover o turismo e, en particular, o turismo enolóxico e gastronómico.
-Reforzar a promoción e a colaboración entre as empresas do sector agroalimentario e turístico.
-Fomentar o intercambio de visitas estudiantís, que inclúan actividades deportivas e culturais.
-Organizar visitas periódicas das respectivas delegacións, coa finalidade de consolidar as actividades arriba indicadas.

Unha delegación desta vila italiana próxima a Venecia xa presenciou onte a preparación da tapa máis grande do mundo buscando inspiración para a Fiera do Folpo, unha celebración que tamén rende culto ao cefalópodo e que aspira a lograr a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, un recoñecemento do que xa presume O Carballiño dende o ano 2022.

O Concello carballiñés devolverá a visita no mes de outubro, coincidindo coa celebración da Fiera do Folpo. Foi no mes de abril cando Iafelice, impulsor da iniciativa, xunto coa presidenta del consiglio comunale, Marguerita Franceschi, mantiveron unha videochamada coa alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, na que sentaron as bases desta unión.

Despois de que onte O Carballiño engrandecese a súa historia ao preparar unha tapa de pulpo de 590 quilos e bater un novo récord do mundo, a programación seguirá ata o domingo, o día grande da Festa do Pulpo.

ORQUESTRA AMÉRICA
Mércores, 7 ás 23 h na Praza Maior
ORQUESTRA COMBO DOMINICANO
Xoves, 8 ás 23 h na Praza da Vera Cruz
PARTIDO DE FÚTBOL C.D ARENTEIRO – PONTEVEDRA C.F
Venres, 9 ás 19.30 h no Campo do Espiñedo
DISCO MÓBIL GRAMOLA
Venres, 9 ás 23 h na Praza Maior
FESTA DAS CAMISETAS – ANIMACIÓN MUSICAL DE DJs
Sábado, 10 ás 17 h na Praza Maior
FESTA DO PULPO
Domingo,11- a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila
Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL
- de 12 h a 18 h no Parque Municipal
FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: CORIBANTES /CANTA NAS CROAS / CANTAREIRAS MADIALEVA / AUSKELGA
- ás 20.30 h na Praza Maior
CONCERTO AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA
- ás 23 h na Praza Maior
CONCERTO de OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO