Localizan sen vida ao veciño desaparecido en Ventosa, tan so unhas horas despóis de iniciada a busca por parte de veciños e os servizos de emerxencias
Tan so unhas horas despóis de poñerse en marcha o operativo de busca foi encontrado morto este veciño de Ventosa, na parroquia de Xurenzás, despóis de que a familia advertira a súa desaparición sobre as dez e media da mañá. O home padecía a enfermedidade de alzheimer.
A primeira hora da tarde o concello de Boborás fixera un chamamento para colaborar na súa localización. O 112 mobilizou aos bombeiros do Carballiño, con equipamento de drones, efectivos do GES de Avión, Grupo de Emerxencias do Carballiño, Garda Civil e Protección Civil de Boborás.