Luis Menor e Fernando Redondo abordan a dificil situación que atravesa a Mancomunidade de Concellos do Carballiño, que pon en perigo a súa continuidade.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co presidente da Mancomunidade do Carballiño, Fernando Rodríguez Redondo, para abordar posibles solucións á "complexa situación" que atravesa este organismo polo reducido número de concellos que o integran.
Dos nove concellos da comarca carballiñesa que integraban a entidade cando se creou a Mancomunidade, a maioría deles, que son cinco foron abandonandoa progresivamente, os concellos do Carballiño, Maside, Punxín, San Cristovo de Cea e o último en facélo, o concello de Piñor.
No pleno celebrado esta semana pola corporación municipal do Irixo, debatiuse a proposta para a saída da Mancomunidade por parte desde concello, aínda que a decisión aprazouse tras o debate, e por non ir acompañada a proposta dun estudo económico.
Os seus alcaldes, tanto do PSOE como do Partido Popular, xustificaron a saída da Mancomunidade sempre en base a criterios económicos, dando a entender que resultan máis viables e de menor coste os servizos xestionados directamente polos respectivos concellos.
Neste contexto actual, "o presidente provincial comprometeu o apoio da Deputación á Mancomunidade co obxectivo de garantir a prestación dos seus servizos como poden ser a atención temperá, a axuda no fogar ou o de desbroces nos concellos de Boborás, Beariz, O Irixo e San Amaro -adheridos a este organismo-, así como para potenciar a súa presenza na comarca", aseguran nun comunicado emitido pola entidade provincial.