Máis de 1.200 comparsitas nos desfiles da Festa da Cachucha deste domingo no Carballiño. O sábado, entroido infantil na Insua dos Poetas.
Aforo completo nos restaurantes do Carballiño para este domingo no Carballiño, unhos 2.300 comensais, a maioría deles xa coas reservas completas desde fai varias semanas, e nas rúas do Carballiño -con permiso do tempo, xa verémos- máis de 1.200 comparsistas participarán nos dous desfiles de carnaval que están programados para esta xornada festiva e gastronómica.
O programa de animación da 29 edición da Festa da Cachucha comezará ás 11.30 horas deste domingo 25 de febreiro co Desfile de Folións, Comparsas e Charangas no que participarán:
-Comparsas de Parada de Amoeiro -Comparsas de Cea -Comparsas de Pontevedra -Comparsas de Poio -Folións de Petín -Folións de Tameirón -Os Liborianos do Carballiño
Ás 14.00 horas dará inicio o Xantar dá Cachucha nos restaurantes do Carballiño, unhos 2.300 comensais, coa amenización musical cargo de: -Charanga Doutor Anchoa -Charanga CLK -Charanga Castro Belo -Grupo Tokaide
Pola tarde, ás 17:30 horas será o gran desfile de folións, comparsas, carrozas e charangas, coa participacións das seguintes agrupacións: -Os da Caña de Marín -Os Solfamidas de Campo Lameiro -As Sonecas de Campelo -Os Rexoubeiros de Ourense -O Son da Pedra de Pontevedra -Comparsas de Amoeiro -Comparsas de Cea -Folións de Petín -Folións de Tameirón -Foliónsde Chandrexa de Queixa -Comparsas do entroido da comarca do Carballiño.
O fin de festa será a partir das 19:30 horas cun baile na Praza Maior do Carballiño coa orquestra América de Vigo, como colofón a xornada festiva desde domingo no Carballiño.
ENTROIDO DOS NENOS E NENAS NA INSUA DOS POETAS
Desde as 16:30 deste sábado dia 24 no parque natural e cultural da ïnsua dos Poetas, con concurso de disfraces infantil, con premios e agasallos, música, xogos, maxia e unha merenda con viandas típicas do noso entroido. Todas as actividades son gratuítas.