Máis de 200 inscritos no 3º Trofeo de Patinaxe Artística Vila do Carballiño, que organiza o Club Aehde
Este venres, 6 de decembro, celebrarase a competición de niveis e o sábado 7 a de categorías. O Club Aehde O Carballiño erixese neste 2019 nun dos clubes que máis eventos organizou ao longo do ano.
A terceira edición do trofeo de patinaxe artística Vila do Carballiño supera por primeira vez a barreira dos 200 participantes e bate un récord ao contar con 202 inscritos de 13 clubes pertencentes ás catro provincias galega, ademáis de Cantabria, que estará representada polo Alexmar, un dos importantes da patinaxe española, e de Asturias, que terá ao Sobre Ruedas de Gijón ao seu estandarte.
O equipo anfitrión do Aehde O Carballiño será o máis numeroso con 30 participantes.
O evento, fundado e organizado polo Club de Patinaxe Aehde O Carballiño, ven cargado de novidades na súa terceira entrega. Para comezar, por primeira vez farase en dúas xornadas e por primeira vez contará co apartado de categorías, reservado a patinadoras e patinadores que xa participan polo seu nivel en campionatos autonómicos e estatais.
O trofeo arrancará o venres ás nove da maña coa competición de niveis, que se desenvolverá ao longo de doce horas no pavillón anexo Paco Chao. Para o sábado pola maña quedan os adestramentos oficiais das diferentes categorías e a súa competición será integramente na tarde do sábado.
O trofeo contará con xuices da Federación Galega de Patinaxe para supervisar e puntuar aos dous centos de participantes. Este III Vila do Carballiño convértese no quinto evento de relieve que organiza o Club Aehde O Carballiño ao longo desde 2019: Copa de España de Freestyle, Torneo Terras de Orcellón de Grupos show, tecnificación estival con tres medallistas mundiais e Gala fin de curso da escola de patinaxe, e logo do torneo desta fin de semana todavía quedará a tradicional Gala de Nadal.
O torneo desta fin de semana está patrocinado pola Deputación de Ourense, que aporta o 20 % do presuposto, e conta coa colaboración do Concello do Carballiño.