Máis de 25.000 persoas abarrotan O Carballiño na 25ª Festa da Cachucha: cheo nos restaurantes e multitudinarios desfiles nas rúas. As comparsas dos Azucarados de Maside e Os Arrieiriños de Dacón lévanse os primeiros premios.
A edición nº 25 da Festa da Cachucha celebrada este domingo 10 de Marzo rompe barreiras de participación e afluencia de público, con cifras que se disparan ata superar as 25.000 persoas según estimacións feitas a COPE O Carballiño dende a Xefatura da Policia Local do Carballiño.
A convocatoria festivo-gastronómica do inverno no Carballiño acada un gran éxito, coa máis alta participación que se recorda dende que se ven celebrando fai 25 anos, e desta maneira suma un novo impulso para consolidarse como un referente no calendario das festas gastronómicas e do entroido en Galicia.
Os 24 de restaurantes que serviron o menú oficial da festa, a base do cocido de cachucha, conseguiron colgar o cartel de completo nos seus comedores, algunhos deles de gran capacidade, con máis de 300 comensais. Según os datos recollidos por esta emisora de radio a hostelería carballiñesa servíu este domingo 2.700 menús co plato da festa.
A afluencia de público, non só nos restaurantes, senón tamén en mesóns, bares e cafeterías foi unha constante dende media mañá ata a noite.
Xa no desfile matinal, con charangas, folións e as carrozas de Parada foi considerable a animación nas rúas maís céntricas do Carballiño, non obstante foi despois do xantar e as primeiras horas da tarde, e durante as máis de 3 horas que durou o desfile de comparsas, cando se acadou unha asistencia de público multitudinaria nas rúas, como nunca antes se recorda nos desfiles do entroido carballiñés.
Neste desfile-concurso de comparsas que fora aprazado o pasado martes por causa do mal tempo, participaron 1500 comparsistas, que competiron por repartirse os case 8.000 euros en premios concedidos polo concello do Carballiño.
En canto ao concurso, a comparsa dos Azucarados de Maside alzábase cos primeiros premios,obtendo tanto o primeiro premio do xurado como o premio especial concedido polos polas propias comparsas.
Asi quedou a táboa de premios:
1º PREMIO de 1.300 EUROS: Asoc. Sta. Águeda de Maside
2º PREMIO de 1.000 EUROS: Asoc. Os Arrieiriños de Dacón
3º PREMIO de 800 EUROS: Asoc. Entroula
4º PREMIO de 400 EUROS: Fantasía Mundo Fénix de Partovia
5º PREMIO de 350 EUROS: Asoc. Lumareda
6º PREMIO de 300 EUROS: Asoc. Cult. Castro de San Amaro
7º PREMIO de 250 EUROS: Air polo Aaire de Aspadisi
8º PREMIO de 200 EUROS: Chegaron os que faltaban
- Accésits de 120 € cada un ás comparsas:
Asoc. Cultural e carnavalesca Os nevadiños
Os silleiros rubeiros de Maside
Os picapezas de Cea. Cea Grease
Os invencibles Charlestón
Dios nos pille confesados