Máis de 5.000 persoas pasaron nas últimas 6 semanas polo Novocine de Leiro.
Non son cálculos de aproximación, senón entradas vendidas en taquilla, máis de cinco mil espectadores viron "Avatar" en 3D no Novocine de Leiro, no transcurso das últimas seis semanas, desde mediados do mes de xaneiro, coincidindo coa inauguración do novo sistema de proxección dixital en 3D, a única sala da provincia en contar con este sitema de exhibición cinemotográfica e ún dos pioneiros en Galicia. A gran repercusión mediática que acadou esta aventura empresarial de Ernesto Romero, que volveu hipotecar a súa casa en Leiro, para financiar o proxecto, despertou unha gran simpatía popular e converteu o Novocine de Leiro nun auténtico fenómeno social sen precendentes no noso país. En seis semanas, pasaron polo Novocine máis do doble de persoas que veciños tén a localidade de Leiro, "algo que non podía imaxinar nin nos meus soños máis optimístas, nunca me puden imaxinar que viñese tanta xente ó cine a Leiro" recoñeceu Ernesto Romero. O propietario agradeceu o apoio recibido polo público no programa de Xan Pinal e confesou que "nas últimas semanas vivíu momentos de moita emoción", e tivo palabras de agradecemento moi especiais para "os rapaces de Leiro, que tamén axudaron a este éxito creando grupos de apoio en internet, e por suposto a tanta xente me achegou a súa simpatía". A derradeira proxección de "Avatar" en 3D será este xoves dia 4 de marzo ás 8 da tarde. A partir do venres toma o relevo "Up In The Air", en sesións de tarde e noite.