Máis dun centenar de veciños de Punxín réunense en asemblea e acordan non pagar os recibos da auga
A reunión celebrada este pasado sábado na escola de Punxín tivo unha numerosa asistencia, arredor de 120 veciños acudiron á convocatoria, o que representa o 14% da poboación deste municipio.
Na xuntanza acordouse por unanimidade declararse insubmisos no pago do recibo da auga ata que non se chegue a un acordo con Aquagest e o concello sobre as tarifas, ao entender os veciños que os prezos son abusivos e ademáis, non existen garantias sanitarias sobre o estado da auga que abastece algunhas localidades, como é o caso de Ourantes, onde as analíticas encargadas polos propios veciños desvelaron un alto grao de contaminación.
Os veciños que acudiron a esta reunión puxeron de manifesto o seu malestar tanto pola actitude da empresa concesionaria como do Alcalde do municipio "por negarse a negociar unha solución ante as demandas veciñais".