Malestar no BNG polo horario fixado para constituír a Comisión de investigación da canceira
Non sentou nada ben no Bng a hora fixada polo Alcalde do Carballiño para a reunión constitutiva da comisión de investigación sobre a canceira , ás nove da mañá deste lúns dia 4 de maio. E esto porque os dous representantes nacionalistas na comisión, Bernardo García e Maria Jorge, son funcionarios e o horario fixado polo Alcalde Carballiñés para a constitución desta comisión de investigación ocasionalles un contratempo. E pensan que non é unha casualidade, polo que lamentan esta actitude do Rexidor Municipal. A convocatoria chega con varias semanas de retraso, xa que o pleno da Corporación Municipal acordara que se constiuíse esta comisión ás 13 horas do dia seguinte ó da súa celebración, o pasado 26 de marzo,, ainda que xa na mesma sesión o Alcalde Carballiñés advertira que procedería a súa convotaria "cando llo permitise a axenda" e "sen ningún tipo de imposición".
E tiveron que pasar cinco semanas para que a "axenda" estivese libre, e tamén tiveron que pasar varios dias de protesta do voceiro do grupo "Matar por matar non" Xulio Fernández, que durante as dúas últimas semanas protagonizou unha simbólica e diaria protesta na praza maior, ás portas da Casa do Concello, demandando a convocatoria desta Comisión de Investigación, que fora acordada por unanimidade do Pleno Corporativo, e na que ademáis dos dous representantes do Bng, tamén figurarán os designados polo PP e PSOE, que xunto o Alcalde, sumarán sete membros.
O obxetivo desta comisión de investigación será aclarar os sucesos ocurridos na canceira do Concello do Carballiño durante os dous primerios meses deste ano, despois de saberse dun informe do Seprona que certificou a desaparición de 76 cans destas instalación municipais, e puxo de manifesto diversas e graves irregularidades no funcionamento destas instalacións. Malia o informe oficial do Seprona e as denuncias de grupos ecoloxistas, os responsables municipais negaron os feitos. Ademaís, nesta comisión, e por parte do BNG, tamén se pedirán explicacións sobre o investimento de trescentos mil euros, que son os que o Concello do Carballiño tería licitado nas obras de construcción destas instalacións, que atá fai unhas semanas carecían de suministro eléctrico e abastecemento de auga.