A Mancomunidade do Ribeiro pon en marcha un Punto Limpo Móbil para promover a recollida separada de resíduos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda subvencionará con 60.000 euros a implantación dun punto limpo móbil para dar servizo aos concellos de A Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro.
Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen mantivo unha reunión coa Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro, entidade que aglutina a estes cinco municipios e foi unha das 30 beneficiarias da orde de axudas convocada polo seu departamento para a mellora da xestión municipal dos residuos.
A Mancomunidade do Ribeiro, que recibirá 60.000 euros da Consellería de Medio Ambiente para implantar un novo punto limpo móbil dotado con diferentes compartimentos (contedores ou caixas metálicas de gran volume, remolques, etc) para favorecer a recollida separada de certo tipo de residuos en todo o seu territorio.
A Mancomunidade deberá acompañar a implantación de medidas prácticas con campañas de difusión e sensibilización que incentiven a participación cidadá e a súa concienciación en materia de separación de residuos e reciclaxe.