A Mancomunidade estudiará a reforma de estatutos e creación dunha xerencia
A Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño renovará a súa composición na segunda quincena do mes de xullo, asi o espera o Presidente Manuel Prado, no transcurso das vindeiras semanas os cinco concellos que a integran na actualidade, Boborás, Beariz, San Amaro, O Irixo e San Cristovo de Cea, designarán ós seus representantes, de tal maneira que unha vez formalizado este trámite, procederáse a constitución da nova Mancomunidade. Será entón cando se decidirá ou non a continuidade do actúal Presidente, a este respecto, Manuel Prado manifestou que "é un tema que sempre consensuamos entre os Alcaldes e nestes momentos calquera posibilidade é aventurada, aínda non temos falado". Sí admitíu Prado que nos últimos dias xa tivera "conversas informais" có novo Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, e con vistas á reincorporación do concello carballiñés na entidade supramunicipal, que non sería a única cara un futuro inmediato, xa que tamén se agarda o regreso do concello de Punxín, desta maneira só quedarían fora da entidade comarcal os concellos de Piñor e Maside, ónde gobernan os socialistas. Manuel Prado considera que "é unha boa noticia para a Comarca e para a Mancomunidade o retorno do Carballiño, porque é a capitalidade e tén que ser o motor da Comarca, e porque eso vai permitir ampliar e mellorar, e tamén abaratar os costes dos servizos que se prestan". O Presidente da entidade intermunicipal calcula que si as conversas fructifican, a finais deste ano "tería que haber unha solución para a incorporación do Carballiño, de maneira que o seu ingreso na mancomunidade sería efectiva a partir do 1 de xaneiro de 2012". Finalmente, Manuel Prado amosouse partidario de introducir algunhos posibles cámbeos no funcionamento da Mancomunidade, entre os que estarían a creación da figura da xerencia, que aportaría unha dirección técnica e máis profesional da entidade, tampouco descartou o Alcalde de Beariz unha reforma dos estatutos da Mancomunidade "para adaptala mellor os nosos tempos", unha modificación estatutaria que "permitiría ademáis que estivesen representados os grupos políticos que están na oposición nos distintos Concellos", de feito Prado recoñeceu que no anterior mandato xa se mantiveran algunhas conversas neste senso cós concelleiros carballiñeses do BNG, Bernardo García e Manuel Amil.