A Mancomunidade ofrece sesións de cachibol e risoterapia para as persoas maiores durante o mes de Setembro
Dende o Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño infórmase da posta en marcha dunha actividade destinada a persoas maiores, organizada pola Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, que se desenvolerá durante o mes de Setembro.
A actividade consistirá nunhas Xornadas de Cachibol (voleibol adaptado a maiores) e Risaplus (risoterapia) que terán lugar nos 5 concellos mancomunados durante o mes de setembro, con sesións de hora e media de duración un dia a semana en cada ún dos concellos.
-O Irixo Luns 17:00H - 18:30H Pavillón Municipal
-Piñor Luns 19:00H - 20:30H Centro Social
-Boborás Martes 17:00H - 18:30H Local Social do Regueiro
-Beariz Martes 19:00H - 20:30H Pavillón Municipal
-San Amaro Venres 18:00H - 19:30H Centro de Saúde
A participación nesta actividade é totalmente gratuíta. Toda persoa interesada debe formalizar a inscrición no concello correspondente.
Por último, o sábado 29 de setembro, unha vez finalizadas as Xornadas, terá lugar un encontro entre as persoas participantes dos cinco concellos, na que se realizarán diferentes actividades e na que haberá un picoteo. A xuntanza terá lugar no Pavillón Municipal do Concello do Irixo a partir das 11:00H. --