A Mancomunidade Turística implanta os códigos QR para mellorar a información dos recursos turísticos
Os responsables da Mancomunidade turística Terras do Avia, que agrupa aos concellos de Leiro, Ribadavia, O Carballiño e Boborás, presentaron novas iniciativas coa idea de mellorar e promocionar os recursos turísticos dos citados catro municipios.
O presidente da entidade e alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, deu conta a implantación de códigos QR tanto en formato en alumiño, para exteriores, como para interiores en plástico para locais e establecentos.
En total, serán 500 códigos QR os que inicialmene se van repartir no ámbito dos catro concellos e que "permitirán que estando nun dos concellos imos estar á vez nos catro con toda a información almacenada nestes códigos aos que podemos acceder a través dunha aplicación no teléfono móbil",subliñou Fernández.
Ademáis, tamén anunciou o máximo responsable da entidade a intención de renovar a homologación dos 67 kilómetros de sendeiros cos que conta a mancomunidade turística no ámbito dos catro municipios.
Pola súa parte, o alcalde do Carballiño manifestou "o total compromiso do concello carballiñés coa Mancomunidade Turística, recoñecendo unha labor e unha experiencia que acumula xa 16 anos, e que agora imos tratar de trasladar de forma puntual a outros concellos da comarca", manifestou Fumega.
Este acto desenvolvido na casa do concello de Leiro, e ao que tamèn acudiu a tenente alcaldesa de Boborás Rosa González Doporto e o concelleiro carballiñés de turismo, Manolo Dacal, tamèn servíu para presentar os paneis ilustrativos nos que cada un dos catro concellos mostra as súas festas gastronómicas e acontecementos máis representativos.