Manel Vázquez deixa de ser adestrador de CD Arenteiro. O Club agradécelle o traballo destas últimas 4 tempadas nas que o Arenteiro vivíu a etapa máis exitosa dos últimos 25 anos
Club Club Deportivo Arenteiro comunica que a partir deste mércores 14 de Novembro, Manel Vázquez deixa de ser adestrador do equipo de terceira división, con él tamén abandonan o club todos os seus colaboradores no cadro técnico.
Este días atrás, o técnico trasladoulle ao presidente do club o seu desexo de renunciar ao seu cargo como adestrador e máximo responsable da dirección deportiva do primeiro equipo, expoñendo motivos de índole persoal que nada teñen que ver coa marcha deportiva na actual competición, motivos que son respectados e entendidos por esta Xunta Directiva.
O Club expresa o seu agradecemento público a Manel Vázquez polo seu traballo, esforzo, paixón e entrega a Club Deportivo Arenteiro durante estas case catro tempadas que exerceu como adestrador, levando a CD Arenteiro a vivir a súa etapa máis exitosa dos últimos 25 anos. Fíxose cargo do equipo en Preferente a mediados da tempada 2015/16 logrando o 7º posto, na tempada 2016/17 conseguíu guiar ao Arenteiro ao ascenso á terceira división, categoría na que consolidou ao equipo na tempada 2017/18. Na actual tempada deixa ao equipo clasificado no 8º posto tras 12 xornadas de liga.
O mesmo agradecemento faise extensible dende o club a todo o seu equipo técnico, o 2º adestrador Julio Nóvoa, o preparador físico Santi Ferrón, o utillero Zeus Álvarez, e o delegado Manuel Bolaño. A todos desexámoslle moita sorte e que sigan acadando grandes éxitos.
Ademáis o Club anuncia que pasa a exercer como adestrador en funcións Juan Carlos Aguiar, adestrador de porteiros, que dirixirá ao equipo o próximo domingo en Paiosaco.