Manuel Cerdeira substitúe a Manuel Prado como presidente da Mancomunidade de Concellos
O pleno da entidade supramunicipal elexíu como novo presidente ao tenente alcalde do concello do Irixo, Manuel "Lito" Cerdeira Lorenzo, en substitución do alcalde de Beariz, Manuel Prado, que veu obstentando a presidencia nos últimos 8 anos.
Como nova vicepresidenta foi designada a concelleira de Boborás Patricia Torres. Tralas eleccións do pasado mes de Maio e a conseguinte renovación das respectivas corporacións municipais, correspondía agora a constitución do novo pleno da Mancomunidade, que decidíu a renovación dos máximos responsables da entidade.
A Mancomunidade de Concellos do Carballiño está integrada polos concellos de Beariz, Boborás, O Irixo, Maside e San Amaro.