Manuel Chan Muñoz será o candidato do BNG á alcaldía do Carballiño nas eleccións municipais de 2027.

A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego oficializará este venres 27 de marzo a Manuel Chan Muñoz como o seu candidato á alcaldía do Carballiño para as eleccións municipais de maio de 2027.
Durante o prazo previsto, Chan -que desde 2024 ven exercendo como responsable do Consello Local do BNG- foi o único candidato que se presentou ao proceso aberto na formación nacioanlista para optar a esta designación por parte da asemblea do BNG carballiiñés.
Este proceso coincidíu coa decisión de Sofia García, que foi a portavoz do BNG nos últimos anos no concello do Carballiño, de darse de baixa no Bloque Nacionalista Galego, que desta maneira queda sen representación na corporación carballiñesa. García presentou un escrito no rexistro municipal no que comunica a baixa do BNG e pide continuar como concelleira non adscrita no concello do Carballiño