Manuel Nogueira, de Podemos O Carballiño, pídelle á Valedora do Pobo que interveña para que Naturgy indemnice polos cortes no suministro eléctrico. Tamén que se cumpla a normativa de seguridade no parque infantil da Alameda.
Manuel Nogueira, do Círculo carballiñés de Podemos, fai ambas reclamacións ante a Valedora do Pobo "como consumidor e en nome propio".
Os escritos remitidos á esta institución xa foron presentados para que as peticións sexan atendidas.
Apela Nogueira á "responsabiliade subsidiaria que debería ter Naturgy á hora de indemnizar aos fogares que tiveron perdas económicas polos cortes de suministro eléctrico de longa duración" que tiveron lugar os dias 21,22,23 e 24 de Decembro pasado.
No outro escrito, pídelle á Valedora que traslade ao concello do Carballiño a obrigatoriedade de cumplir as medidas de seguridade no parque infantil da Alameda.
Para acceder a ambas reclamacións presentadas á Valedora do Pobo, preme nos arquivos adxuntos: