Manuel Prado confirma que optará á reelección na alcaldía de Beariz
Manuel Prado, outro dos alcaldes máis veteranos na comarca e provincia, confirmou en COPE O Carballiño que volverá ser o candidato do Partido Popular nas eleccións municipais de 2019.
O rexedor municipal bearicense ven gobernando este concello con sucesivas maiorias absolutas dende o ano 1983.
Prado terá agora máis tempo para dedicarse á alcaldia bearicense, toda vez que "este 31 de Decembro xubílome como profesor no IES Chamoso Lamas, desta maneira teréi máis tempo para a familia e para o concello, é unha decisión que tiña moi madurada dende fai agora dous anaos".