Manuel Vázquez "Casalta" continúa como alcalde de Punxín, agora cun pacto de goberno con Eladio Fernández.
Non houbo sorpresa en Punxín e a sesión de investidura desenvolveuse según o guión previsto tras o pacto anunciado esta semana entre Partido Popular e Compromiso por Galicia.
Manuel Vázquez Casalta foi investido alcalde con 4 votos, e Eladio Fernández será tenente de alcalde único. Lorena Peleteiro, que obtivo os 3 votos do seu grupo, exercerá a oposición neste concello de Punxín.