A máquina verde asalta o Anxo Carro tras outro primoroso partido de fútbol

2, Maio 2021

Os verdes volveron estar a un gran nivel futbolístico e sobre a alfombra do Anxo Carro gañaron un partido cun marcador que pudo ser bastante máis amplo do 1-2 co que rematou o partido.

Fran Justo premiou a varios dos fubolistas menos habituais no once titular nun partido no que debutou en liga Angel Expósito defendendo a meta carballiñesa, e fixoo con moita solvencia cando tivo que participar, sobre todo no primeiro tramo do partido cando os lucenses tiveron varias acometidas. Pero todo cambiou a partir do minuto 22, cando Presas roubou un balón tras un fallo defensivo dos locais para adentrarse na área e marcar enviando o balón raso e axustado ao poste. A partir do gol o Arenteiro tivo unhos minutos primorosos, e asi foi como Naveira enviou un balón ao corazón da área que cun portentoso salto Sylla cabeceou ao longueiro da portería lucense e un atento Joni aproveitou para facer o 0-2. O Arenteiro estaba desatado e apenas unhos minutos despóis e tras outra gran xogada persoal de Sylla o seu centro remataouno Renan Zanelli outra vez ao longueiro, e outra vez Joni volve marcar, esta vez de cabeza, pero o árbitro anula o gol por suposto fora de xogo.

Na segunda parte, con menor ritmo, o Arenteiro aguntou sen pasar grandes apuros aínda que os lucenses recortaron no marcador nun saque de esquina, ata que cos cámbios o Arenteiro volveu a ser o gran animador do partido, sucendendose as ocasións nas botas de Eimil ou Alex Fernández, ou na cabeza de Presas, pero as boas intervencións do meta local Julen evitaron o terceiro gol carballiñés.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...