Marcón At. 0-1 CD Arenteiro
Un gol de Dani Vázquez no minuto 38 deu os 3 puntos ao Arenteiro na súa visita ao campo pontevedrés do Marcón Atlético, unha victoria que consolida aos verdes na séptima posición da táboa de clasificación na Preferente Galicia, a falta de tan so dúas xornadas para a conclusión do campionato.
Os pontevedreses saíron dende o principio decididos a ir polo partido e a piques estiveron de adiantarse no marcador, certo é tamén que Vitti pudo facer o propio para o Arenteiro, pero seu disparo cruzado foi rexeitado polo meta local. Antes do paso por vestiarios chegou o gol de Dani Vázquez cun tiro a media altura culminando unha magnífica combinación da dianteira verde.
Nos primeiros minutos da segunda parte os pontevedreses volveron á carga pero Israel, moi seguro toda a tarde, realizou un par de intervencións moi meritorias, nunha delas nun man a man cun dianteiro local cando xa se cantaba o gol.
O Arenteiro facía gala de seguridade na súa parcela defensiva, mentres a ansiedade se apoderaba dos locais. Xa nos minutos finais os verdes poideron sentenciar á contra, primeiro nunha acción de Vitti que enviou con moita intención un balón raso que sacou in extremis o meta local, e xa nunha das últimas xogadas do partido, cando Martín Pérez encaraba en solitario a portería rival e é zancadilleado polo meta do Marcón fora da área. O árbitro perdónalle a expulsión ao cancerbeiro local, resolvendo a xogada cun cartón amarelo.
A piques de cumplirse o tempo regulamentado, o árbitro recolle en acta un incidente que se produce cando "varios espectadores do equipo local entran no terreo de xogo e un deles propina manotazos sobre membros do corpo técnico do CD Arenteiro".
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Maxi, Dafonte, Pana, Dani Arbo, Bardelás, Dani Vázquez, Sanginés, Vitti e Esteban. Tamén xogaron Pol, Martín Pérez, Mario e Iván Portos.