Marnotes non concede credibilidade o informe da Dirección Xeral de Urbanismo para o entorno da Veracruz
O Partido Popular seguirá defendendo a legalidade urbanística no proxecto de urbanización da Veracruz, ó entender que a apertura dun vial de once metros de ancho vulnera o PXOM actúalmente en vigor no Concello do Carballiño, que fixa as condicións urbanísticas que deberá guiar calquera actuación que se faga neste entorno, e ás que deberá adaptarse calquera proxecto urbanístico que se leve a cabo. O Portavoz do PP no Concello Carballiñés non concede crédito o informe asinado polo Director Xeral de Urbanísmo en funcións, este pasado dia 17 de abril, a punto de cesar na súa responsabilidade.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Argimiro Marnotes voceiro do PP
Marnotes aludíu á opinión doutros técnicos de toda solvencia que "calificaron como de escandalosa" a contestación dada neste informe por un señor "que se está marchando". O portavoz dos populares tamén anunciou que desde o seu grupo solicitaráse un novo informe á Dirección Xeral de Urbanisimo, unha vez tome posesión o seu novo titular.