Marnotes sobre a débeda prescrita "houbo moita vista gorda e xa se verá por parte de quén"
O concello do Carballiño recurrirá á vía xudicial para reclamar os algo máis de 3 millóns de euros en débeda prescrita en concepto de impagos de taxas e impostos municipais nas últimas décadas.
Asi o acordou o pleno da corporación municipal, cos votos a favor do Partido Popular e a abstención de PSdG e BNG. Os gobernantes municipais pretenden asi determinar en sede xudical as posibles responsabilidades por parte das empresas que foron as encargadas da xestión da recadación municipal, desde que se privatizou este servizo no concello carballiñés, entenden no actúal grupo de goberno que "pudo haber deixadez de funcións" e desta maneira ven posible poder recuperar a través desta reclamación xudicial ese "diñeiro, que é patrimonio dos carballiñeses", manifestou o rexedor municipal.
Marnotes sulibñou que "houbo moita vista gorda e xa se verá por parte de quén, no xulgado veráse cál foi o motivo desta vista gorda, poideron ser moitos e variados, xa se irá determinando, o que sí é certo é que aquí sempre hai responsabilidade política, sempre, e é de xustiza sobre todo para os que pagan, que se aclare todo esto", remarcou.
Dende o grupo municipal socialista, Adolfo Nogueira manifestou "estar dacordo con que se trate de arroxar luz sobre este tema", non obstante dixo "non entender as cifras que se manexan" e "que esto non sexa para abrir ningunha guerra efectista para que as empresas digan que non cobraban porque tampouco a eles lles pagaban, xa está ben de luces de cores e fogos de artificio", enfatizou o concelleiro socialista.
Aúrea Francisco matizou que O BNG non pudo facer maís por buscar unha solución en relación a esta problemática no pouco tempo que estiveron gobernando "ésta é unha práctica que foi común en todos os concellos e de todas as cores políticas, que o grupo de goberno faga o que crea conviente, que faga o que teña que facer, pero este problema existe dende sempre".