MarterChef 12+1 grava un programa no mosteiro de Oseira, co apoio do concello de Cea e Turismo de Galicia. Promocionará o camiño xacobeo e emitiráse nos próximos meses.

16, Marzo 2025

Un dos programas máis populares e máis vistos da televisión en España, MasterChef gravou un dos seus programas, que se emitirá proximamente, no mosteiro de Oseira,un programa que contou coa colaboración do Centro Superior de Hostelería de Galicia e o Concello de san Cristovo de Cea, que estivo representado polo seu alcalde José Luis Valladares.

O director xeral de turismo, Xosé Merelles valorou a gran promoción turística que para Galicia representa a gravación deste programa televisivo MasterChef 12+1 realizada no Mosteiro de Oseira, co apoio de Turismo de Galicia, que busca promocionar o Camiño Mozárabe-Vía da Prata o espazo patrimonial no que tivo lugar xunto con outros atractivos turísticos entre os que figuran a gastronomía, na que ten un elevado peso a calidade dos produtos galegos.

Salientou ademais que nesta ocasión, o programa engade un novo elemento que tamén dá prestixio á proposta turística galega, como é o feito de contar coa colaboración dos futuros profesionais do sector que se están a formar no Centro Superior de Hostelería de Galicia, e que precisamente celebra este curso o seu 30 aniversario.

MasterChef 12+1, o talent culinario, está producido por RTVE en colaboración con Shine Iberia. O programa gravado en Oseira emitirase nos próximos meses e contou coa participación dos televisivos xuíces gastronómicos Pepe Rodríguez, Jordi Cruz e Samantha Vallejo-Nágera.