Maside acolle a celebración do dia da muller rural
O sábado día 24 de outubro terá lugar no Pobo de Maside a conmemoración do Día da Muller Rural. Este acto está organizado pola Asociación de Mulleres Rurais “Sta. Agueda” de Maside, que conta coa colaboración da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, a Deputación provincial de Ourense e o Concello de Maside. Nesta xornada participarán máis de 370 mulleres pertencentes a Asociacións de Mulleres Rurais da Provincia de Ourense, e que forman parte da federación provincial.
As actividades comezaran ás 10:30 h. coa chegada das Asociacións participantes e unha recepción na Praza Maior de Maside, polo Presidente da Deputación Xosé Luís Baltar Pumar, o Alcalde do Concello de Maside Celso Fernández López, a Concelleira de Servizos sociais deste mesmo concello, e o portavoz do Partido Popularen Maside; a xornada será amenizada pola Grupo de gaitas “ Xalundes”.Pasando a degustación dun chocolate con biscoitos, que as mulleres da Asociación Sta. Agueda prepararan como recibimento os/as convidadas/dos.
O propósito e potenciar e que se valore o papel femenino no traballo do medio rural, intentando promover a igualdade de oportunidades das mulleres no medio rural e incentivando unha maior presenza en tódolos ámbitos ( social, político, económico, laboral...)
Ao mesmo tempo pretendese que sexa unha xornada de aprendizaxe e coñecemento do nosos entornos, realizando unha serie de visitas que fagan coñecer os nosos pobos mais pretos, neste caso o Pobo de Maside, como forón nos casos de anos anteriores Bande, Baltar, ou O Carballiño.