Maside celebra a súa Semana Grande coa Festa do Cabalo e as Festas de San Vitorio
Chega a semana grande de agosto en Maside, a que se abre coa celebración da Festa do Cabalo e se despide coas Festas de San Vitorio.
O domnigo 20 é a cita para os afeccionados ao mundo do cabalo, de gran tradición no municipio masidao.
Tanto pola mañá como pola tarde, na paraxe natural do Puzo do Lago celebrase a 30 edición da Festa do Cabalo do Concello de Maside, haberá concursos e carreiras con premios para os mellores, cun intervalo á primeira hora da tarde para o xantar popular.
Do mércores 23 aos venres 25 terán lugar as xa tradicionais noites de cine ao aire libre na Praza Maior de Maside. Proxectaránse as películas "Angry Birds", "Cazafantasmas" e "Los Pitufos: La aldea perdida".
O ambiente festivo irá a máis a partir do sábado dia 26, coa celebración da "Noite Folck e Troula" na que animarán os bares e as rúas de Maside os grupos "Do fondo do peto" e "Maianas", entre outros.
O domingo 27 abre a programación festiva o disparo de bombas de palenque e os pasarrúas da banda de música. As 12 do mediodia a Coral A Torre cantará na misa solemne, e despois haberá concerto da banda de música. Pola tarde a V Mostra-Feira de Artesanía Infantil, e pola noite, ademáis dos fogos artificiais, a verbena con Fania Show e Garibaldi.
O lúns 28, comezará a xornada coas bombas de palenque e a animación polas rúas de Maside da Banda de Música, que despois aconcpañará a procesión e ofrecerá un concerto na Praza Maior. A misa deste dia será solemnizada polo Orfeón do Carballiño.
Pola tarde, volverá abrir a Mostra-Feira de Artesanía Infantil, e na verbena actuarán as orquestras Tango e El Combo Dominicano.