Maside consigue unha nova subvención de Turismo de Galicia, por importe de 27.902 euros, para dar continuidade ao proxecto de revitalización do xacemento de Stª Mariña
Turismo de Galicia achegará unha nova subvención, desta vez por importe de 27.902 a favor do concello de Maside, e para dar continuidade ao proxecto para a continuación do estudo e revitalización do conxunto arqueolóxico de Santa Mariña de Maside.
O concello masidao encóntrase entre os concellos galegos de menos de 10.000 habitnates que veñen de resultar beneficiarios de axudas para a actuacións de mellora das infraestructuras turístas neste ano 2023, según a resolución que ven de asinar a directora de Turismo da Xunta de Galicia.