Maside iguala a Boborás en contaxios activos, 10 en cada concello
Maside continúa rebasando os 250 casos por 100.000 habitantes na incidencia acumulada a 7 dias, e mantense no rango entre 250 e 500 casos por 100.000 habitantes, a dous dias para que o comité clínico revise a situación epidemiolóxica do municipio masidao, que está baixo seguimento especial. Maside alcanza hoxe os 10 contaxios activos, os mesmos que ten o concello de Boborás.
O Carballiño sigue con 7 contaxios activos, e San Cristovo de Cea con 1. O resto dos concellos da comarca permanecen sen casos activos de coronavirus outro dia maís.